Orientar é acompañar.
Dende o Departamento de Orientación do CPR Malvedo traballamos para axudar ao alumnado a coñecerse mellor, aproveitar ao máximo as súas potencialidades e adquirir ferramentas que lles permitan construír o seu proxecto de vida. Todo dende unha perspectiva de equidade e inclusión.
O fin de cada etapa educativa trae consigo un proceso de reflexión e análise acerca de diversas oportunidades académicas ou laborais. O teu futuro pode dirixirse cara múltiples camiños, por iso, elixe sempre tendo en conta os teus intereses, motivacións e obxectivos.
Descobre o teu camiño e dá forma ao teu futuro no noso centro!
A saúde mental é fundamental para o noso benestar. Desde o Departamento de Orientación compartimos o Decálogo da saúde mental positiva, baseado na guía Abre tu mente en modo positivo, con recomendacións para toda a comunidade educativa.
Mantén unha actitude positiva.
Come san e descansa o suficiente.
Coida o teu corpo e mantente activo.
Recoñece e regula as túas emocións.
Cultiva relacións persoais saudables.
Goza das túas afeccións e limita o uso das pantallas.
Sorrí e goza dos pequenos momentos.
Coñécete, valórate e quérete.
Afronta as dificultades e busca solucións.
Pide axuda cando a necesites. Non estás só ou soa.
Lembra: coidar a saúde mental é cousa de todos e todas. Escoitar, acompañar e pedir axuda tamén é educar.
Fonte: guía «Abre tu mente en modo positivo».
Guía "Abre tu mente en modo positivo".